Contan desde as redes sociais do Concello de Rois:
O proxecto Cóntame Un Mundo está a ser un éxito de participación e implicación no Concello de Rois.
Hoxe, 26 de xuño pola mañá, comezaron as actividades cun contacontos para persoas maiores, actividades abertas ao público que se desenvolveron no Pazo de Antequeira. Esta actividade contou coa presenza do alcalde, Ramón Tojo, quen agradeceu o traballo de Raquel Queizás e de Alba de Vales responsables do proxecto.
O Concello e nós agradecemos especialmente a atención recibida dende o Pazo de Antequeira e a Genoveva e a sua familia polas facilidades para poder acoller a actividade, así como a Ana Chouza pola dinamización dos talleres de memoria e ás asociacións de mulleres de Rois, Urdilde e de Ermedelo por crear o espazo de encontro. Tamén un agradecemento moi especial a Anayansi por estar pendente de todo e ser unha máis.
E pola tarde, continuamos as actividades no local de mulleres rurais de Urdilde, co obradoiro “Cóntamos o noso mundo”