O sábado pasado Carmen Domech e Olga Abad levaron o Encontro da palabra ata Área recreativa Agra de Chans, onde se celebrou o Encontro de familias con moitas actividades infantís, contacontos, música tradicional… Alá, as crianzas xogaron, contaron elefantes, desfrutaron cos títeres e escoitaron contos marabillosos como o da creación do mundo… Sabiades que as creadoras do mundo foron as pedras? Elas tamén fixeron o ouro e os diamantes, ademais doutros tesouros como o amor e a familia…
Foi un evento moi bonito e aberto no que crianzas, pais e nais tamén participaron con contos da oralidade universal, falando dos costumes das súas vilas, da súas vidas… moitísimas grazas a tódalas persoas que estades a achegarvos ás actividades e ao Concello da Baña por acollernos! Seguimos nos vindeiros días en Dodro e en Touro con máis!