A iniciativa de recuperación da tradición oral Cóntame Un Mundo chegou este xoves 29 de xuño a Urdilde. O local social acolleu o Encontro da Palabra, unha xuntanza interxeracional na que participaron persoas de todos os puntos do municipio e que serviu para recompilar as súas historias de vida.

O encontro, conducido por Alba de Vales e Raquel Queizás, comezou con entrevistas a Teresa e a Elvira e rematou cunha merenda para todas as persoas participantes no campo da festa.

Participaron na xornada a concelleira Mercedes Basante e o extenente de alcalde Manolo dos Santos.