ENCONTRO DA PALABRA

 

Consiste nunha sesión conxunta da xente da terceira idade, as rapazas e rapaces, máis xente das familias, que fixeron o obradoiro, e as que queiran asistir. Dúas de nós comenzaremos ca primeira parte do encontro; contando contos de tradición oral. A continuación recrearemos as historias que foron xa recollidas neste periplo, e ca finalidade de crear un ambiente axeitado, para motivarse o público a contar e cantar os seus saberes da tradición oral, do seu lugar ou da súa comarca.

Este encontro será filmado, co fin de obter unha testemuña audiovisual que relate a historia da experiencia local ca xira Cóntame un Mundo, e onde se visibilice a conexión singular que se crea entre as distintas xeracións unidas pola súa memoria colectiva e local. Será preciso coordinar cos centros que sosteñan a actividade, ou cas administracións locais, as concesión dos permisos para que as asistentes sexan gravadas, e dispor o necesario para a gravación.

Será preciso que a administración local relacionada, nos facilite a disposición dun espazo público, exterior onde a actividade ao mesmo tempo poida ser sostida nas necesidades que, previamente se coordinarán cos grupos participantes, e na comunicación e cartaz da actividade. E outro espazo interior a disposición, alternativo, en caso de choiva, vento ou tormenta. A duración será 1h30minutos aproximadamente.

Este evento fará parte do espazo público, polo que tamén estará aberto ao público. Por este motivo, terase en conta na coordinación cos Concellos que a difusión de este evento teña un alcance público e na localidade e contorna.

Esta actividade ten lugar dentro do proxecto Territorio Cultura financiado con cargo aos fondos da Unión Europea e o Plan De Recuperación e Resiliencia NextGenerationEU.
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).