Hoxe en Vilarmaior Olga Abad e Carmen Domech realizaron un obradoiro de sombras chinesas.
Participaron nenas e nenos de 3 ata 12 anos que formaban parte do campamento organizado polo Concello.
Por grupos de 3 ou 4 fixeron breves representacións de anécdotas propias ou de familiares.
Salvo un portento da comunicación de 12 anos que fixo un resumen dunha novela de Laura Gallego.
El narraba namentras tres rapaciñas de 3 e 4 anos ilustraban coas marionetas de sombras o que ian escoitando.
Estábamos maiores e pequenos ca boca aberta. Foi maravilloso ver tanta xenialidade nun cativo.
E creo que a moitos entraronnos ganas de leer a novela.
A partir da súa actuación foi o mestre de cerimonias do noso pequeno festival anecdotario.
O finalizar ainda quixeron algúns compartir mais anécdotas da familia e o concello. Como unha das fillas do creador do afamado labirinto de Vilarmaior outra falounos dos petróglifos. E unhas pequenas contáronnos cousiñas das súas vivencias.
Nenas e nenos traballaron intensamente e conseguimos entre todas e todos , pasar un rato moi agradable e divertido.