CONTACONTOS, FORO E RECOLLIDA CA TERCEIRA IDADE

 

Sesión de contacontos facilitada por unha das artistas. O foco da actividade é a temática da tradición oral, neste caso, dirixida ao público da Terceira Idade.

Ao remate do espectáculo de narración oral, abrimos un círculo para facilitar a participación das persoas espectadoras. Permanecendo abertas e preparadas para escoitar con tódolos sentidos as historias e falas. A actividade estará sostida e facilitada polas propias artistas, que guiarán as verbas cara o imaxinario común e local. Ao tempo, que elaborarán unha recolleita de historias de tradición oral, da sua localidade. Esta recolleita será gravada en audio principalmente, tamén se tomarán fotografías e se lle fará reportaxe, nomeando e amosando a información debidamente consentida.

As distintas aproximacións artísticas que identifican a cada unha das catro narradoras deste proxecto, aportarán xanelas distintas, como á poesía, ás coplas populares, á música, ou ás adiviñas, aos xogos, ou a temáticas en concreto. Será preciso un previo traballo de campo, para coñecer o posible o histórico do lugar, polo que se solicita nos poida ser facilitado, vía telefónica, en liña ou presencial.

Será preciso establecer un contacto, a ben de se coordinar, cas traballadoras das Casas do Maior e as que vaian acompañar a actividade.

As Casas do Maior, son lugares onde se concentra o sector poboacional da Terceira Idade, para quen non son aínda abondo as ofertas culturais ou artísticas. Queremos sumarnos á programación de actividades destes espazos, e amosar o noso apoio a tódalas partes que os fan posíbeis.

A realización de cada sesión, para esta actividade, será coordinada por unha das Narradoras da Equipa Artística. A duración aproximada será de 2 a 3 horas.

Esta actividade ten lugar dentro do proxecto Territorio Cultura financiado con cargo aos fondos da Unión Europea e o Plan De Recuperación e Resiliencia NextGenerationEU.
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).