QR do Roteiro da Memoria de San Cristovo de Cea
Pinchando nos enlaces que contén cada punto, poderás acceder aos audio dunha parte da Memoria viva da vila de Cea.
A continuación, enlazarás cuns puntos correspondentes á actividade “Roteiro da memoria”, realizado na noite do San Xoan. Estes corresponden a sitios da vila ou temas populares que lle pertencen.
Ás veces, atoparás historias sobre algún punto concreto; ás veces, podes atopar historias que refiran a varios sitios, e os cales te animamos a que descubras investigando.
Atoparás varias historias en común, e unha esencia común que é parte da Historia, contada polas súas habitantes.
Tamén podes desfrutar da oralidade desta parte da veciñanza, dende calquera punto, cun dispositivo co que poidas escanear este código QR e visualizar os enlaces a continuación:
Aconsellamos :
Preguntar ás veciñas, para dar mellor cos sitios.
Ir aos sitios mesmos, (Praza do Reloxo – aquí mesmo podes aparcar, se vés en coche e non toca día de Feira)
En agra decemento ás veciñas que prestaron a súa voz e o seu relato, para achegar nesta páxina unha boa miga, dunha parte da Memoria viva, hoxe, na vila de Cea: Carmen GF (1935),Susa (1954), Morena (1951) e Evaristo (1961).
Tamén poderás atopar máis información sobre a experiencia de Cóntame un Mundo, ao seu paso pola vila de Cea en xuño de 2023:
Pincha en: FOTORELATO do Roteiro da Memoria en Cea.
Pincha en: DOCUMENTAL (15min.) Sobre a experiencia de Cóntame un Mundo, ao paso pola vila
de Cea.
1.- Praza do Reloxio

Tanto a praza, como o reloxo, xuntan historias ben populares sobre a súa historia. Aquí poderás
descubrilas, a través de dous artigos e un audio que relatan a vida social e paisaxe deste enclave, durante o século XX.

Escoita unha testemuña sobre A Praza e o “Reló”, A Alfándega e o Medo dos camiños, por Carmen GF, de cando foi tamén unha xove arrieira.
Accede dende aquí, o artigo de O Xiada, referido con precisión e poesía á Praza do Reloxo; publicado na páxina web do Concello de Cea.
Aquí accederás a unha antiga publicación de Moncho Caride sobre a Feira en Cea.
4.- Os fornos
Nesta noite do roteiro, pasamos polos fornos do Abade e da Eira, onde rematamos a nosa intervención teatralizada. Podes visitar estes fornos na Ruta dos Fornos (infórmate na web do concello). Aquí poderás atopar testemuñas directas, de Carmen GF, quen de cativa e moza viviu o formigueiro en Cea, cando os fornos estaban sempre quentes. Ou de cando viviron o terror da Fiscalía no lugar. E de Susa, quen aínda hoxe é panadeira de Cea:
Escoita a Carmen falando dos fornos; lembranza da súa crianza e mocidade:
5.-Vida cultural de Cea. Testemuñas dende a memoria
Nesta noite do roteiro que aproveitamos para ollar a memoria, lembramos tamén os lugares e momentos, nos que un día as ceás e ceáns podían ver teatro, circo, cine ou ir ao baile. Ou atoparse arredor dun lume ou en cuadrilla, camiño a outra aldea, cantando. Escoita a continuación, a algunhas das veciñas falando do patrimonio artístico da vila, ou referíndose aos seus momentos de xuventude, nos que desfrutaban da cultura e da vida social en Cea:
Evaristo nomea grande parte do patrimonio artístico de Cea.
REVISTA CULTURAL A BISBARRA (dixitalizada)
Entre os anos 1984 e 1988 publicouse neste concello, e noutros darredor, esta revista cultural que abriu voces e saberes esquecidos e ocultados, e na que participaron algúns veciños como Evaristo ou Manolo, quen tamén nos falaron daqueles tempos, lembrando a tantos compañeiros daquel entón, que xa non están.
Na primeira páxina de presentación da revista no Nº 0, descríbese así:
“(…) Unha revista que pretendemos sexa para todos os veciños. En principio (porque poden sumarse mais no futuro) das parroquias que compoñen os concellos de A Peroxa, Amoeiro, Cea, Coles, Piñor e Vilamarín. Queremos, e para eso traballamos coa ilusión precisa, que “Bisbarra” sexa algo vivo. Unha revista aberta, independente en ben das nosas comunidades. Nela teran cabida todos aqueles temas que afecten aos nosos concellos: a vida cultural, os temas do agro e da gandeiria, a nosa historia, a nosa xeografía, o noso ensino, as nosas pequenas industrias, o noso folklore, a nosa artesanía, os nosos devanceiros, todo aquelo que o povo foi facendo e que nos deixou como legado. Porque a cultura e algo vivo, e todo o que os nosos homes fan. Cultura e cuidar os campos. Cultura e explotar con sentido os nosos montes e o noso agro… (…)”
A continuación podes acceder a algúns dos 5 números que se chegaron a publicar, grazas a que Evaristo nos emprestou algúns exemplares para escanealas:
BAR O VATICANO (pechado)
O noso veciño Evaristo, rememora neste artigo ao Café Bar O Vaticano, a propósito do seu peche en 2023, homenaxeando este longo proxecto de Benedicta e Manolo que sostivo grande parte da vida da vila.
Os Nomes
(Ramón Caride)
Din que posuir as cousas
é terlles dado nome.
Por isto os labregos
son donos da paisaxe toda,
porque cada fonte,
recuncho, eido, pasaxe,
ponte, carreiro, penedo,
ou mesmo regato
ten nome propio,
de seu,
único.
Por isto é morrer
cada vello,
derradeiro dono
dalgún nome
a paisaxe toda
é un chisco
menos nosa.
Esta actividade ten lugar dentro do proxecto Territorio Cultura financiado con cargo aos fondos da Unión Europea e o Plan De Recuperación e Resiliencia NextGenerationEU.
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).






