QR do Roteiro da Memoria de Urdilde (Rois)
A continuación poderás enlazar con cada punto do roteiro da memoria, accedendo a parte da memoria viva do lugar que conta historias.
Aconsellamos :
Ir ao sitio mesmo, (localización)
Pregunta ás veciñas, para mellor exactitude.
Aquí poderás atopar enlaces directos ao FOTORELATO deste Roteiro: un formato máis ben de crónica con fotografías e un texto, a modo de bitácora. E un DOCUMENTAL duns 15min. Sobre a experiencia de Cóntame un Mundo, ao paso polo voso concello.
6.- Persoeiros no Campo da Festa de Urdilde
Fotos feitas por Manuel Pérez Castro (1932-2019) máis coñecido como Selmo, cedidas polo seu fillo Anselmo Pérez Lois.
Manuel Pérez Castro, coñecido como Selmo
Entrevista no xornal “A Voz de Galicia”, 22/04/2016
7.- “La calle” Estrada de Urdilde. Os negocios no tempo
A estrada de Urdilde deulle vida atraendo a moita xente, o que impulsou moitos negocios e comercios; mais logo despois, arrebatoulla do mesmo xeito, cando esta quedou máis esquecida en favor das autoestradas que xa non facían que a xente tivera que pasar por Urdilde
Esta actividade ten lugar dentro do proxecto Territorio Cultura financiado con cargo aos fondos da Unión Europea e o Plan De Recuperación e Resiliencia NextGenerationEU.
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).