QUEN SOMOS?

 

Somos un grupo de mulleres narradoras galegas, que no afán de seguir medrando xuntas como artistas. As catro aportamos unha bagaxe ampla, longa e diversa, no mundo do teatro e da narración oral. E buscamos poñela a favor neste ENCONTRO, que tamén nos fai compañía. Os impulsos que levan a reunirnos son: A pescuda incesante e curiosa no mundo. O compromiso co noso oficio, ca transmisión oral como un xeito de conexión humana necesaria; e ca tradición, ca que imos da man, véndoa transfórmase cas novas xeracións.

As paixóns artísticas e persoais de catro contacontos, atopadas como estrelas dunha noite sen lúa.

RAQUEL QUEIZÁS

Actriz, monicrequeira,
filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental, grandes e cativos entran a formar parte da historia. Nas montaxes, a participación activa e o humor son pezas clave.
Quizais fose polos contos que lle contaba a súa avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabedoría pura), quizais porque a nena que leva dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fose, os contos forman parte da vida persoal e profesional de Raquel, dende fai máis de vinte anos.

ALBA de VALES

Actriz, titiriteira, narradora e facilitadora de obradoiros de teatro e artes escénicas. Esta ourensá, é apaixonada desta forma artística, como medio de expresión popular e tamén comunitaria. Alba habita no rural, onde ás veces tamén pode escoitar, tantas historias que nutren o seu espírito. O cal impulsa as temáticas e os contos cos que agora se está a desenvolver, como proxecto persoal. E co cal, conforma este cuarteto de narradoras, aportando mundos que se debuxan cas palabras, acompañados de títeres e obxectos, ou con música tradicional. Sempre vai acompañada do seu pandeiro redondo de paus.

OLGA ABAD

Nada o 3-10-1979 en Vilagarcía de Arousa, adícase a narración oral con títeres dende o ano 2009. Cursou estudos de escultura na escola Mestre Mateo e de arte Dramático na escola Santart de Santiago de Compostela. Inda que, a súa paixón polas historias, vénlle da súa avoa que foi unha incansable narradora.

CARMEN DOMECH

Naceu unha madrugada un pouco antes do que a esperaban na casa. Pero e que tiña moitas ganas de coñecer a súa familia e de saber como remataba o libro que estaba a ler a súa nai.
Anos despois, dixéronlle que para que deixara de chorar contábanlle contos, ou líanlle en alto. E así, foi como a cabeza de Carmen, foi enchéndose de historias. Xa de nova, no ano 87, descubriu que contar contos podía ser unha profesión e aí comenzou, deica hoxe. A finais dos oitenta, os títeres cruzáronse no meu camiño. E ata hoxe tamén.
As palabras e os títeres mestúranse nos seus traballos, con agradecementos e satisfaccións colleitadas. Anda de alí para acó, facendo o que mais lle gusta. Contar.

Esta actividade ten lugar dentro do proxecto Territorio Cultura financiado con cargo aos fondos da Unión Europea e o Plan De Recuperación e Resiliencia NextGenerationEU.
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).