O pasado domingo pechamos a nosa xira Cóntame Un Mundo polo Concello de Boborás na que estivemos alghuns días encontrándonos e compartindo historias ca veciñanza da parroquia de Astureses, con quen creamos en conxunto un Roteiro da Memoria pola mesma aldea.

 

Un paseo que viaxou polo tempo e nos fixo habitar historias que volveron por un intre ao presente.
Xogamos á cota, á billarda e fixemos unha roda con cantares dos xogos aos que de pequenas xogaban xuntas.

 

Grazas a Rosa, Marité, Agustina, Aurora, Carmiña, José Ángel Otero, Tili, Concha e Conchita, veciñas de Astureses que participaron no roteiro, nos días de preparación e o propio, poñendo todo o seu talento escénico. Tamén ao resto das persoas do lugar que participaron no propio día recreando memorias e colaborando nesta festa teatral. Aos amigos colaboradores como Miguel, Gisela ou Felipe, que nos acompañaron participando de roles improvisados e achegándonos a súa arte de retratar o instante.

 

E ás queridas compas Sara Garchi e Iago Seoane, por poñer corpo e ánima a disposición da súa mirada a través da lente. Este día foi un agasallo! Grazas!

 

Da que sexa posible, serviremos unha guía deste roteiro encriptada con códigos QR nos puntos do tránsito. Poderedes visitar Boborás e entre outras rutas, desfrutar deste paseo cheo de historias múltiples do lugar. Estade atentas!

VÉMONOS PRONTO ASTURESES!!