Esta semana en Cea pechamos o primeiro episodio co Roteiro da Memoria e o Encontro da Palabra.
O venres de San Xoán no Roteiro comezamos ca última luz do Sol, dándolle millóns de voltas ás agullas do Reloxo cara atrás… E vimos a praza a comezos de século, comimos da froita do Quiosco e enredamos entre ánimas xoguetonas, mouras e uns homes de gris que requisaban o pan branco e que non deixaban poñernos en fila, estes representaban a Fiscalía de Tasas, as ánimas ao balbordo da xente nas rúas, escaleiras, prazas, na feira, dos comercios…

Houbo catro escolas en Cea e recordos de mestras particulares, panadeiras que alimentaban bocas con bica, empanada, patacas. En Cea hérdase o tempo! Referínomonos ás semanas, que unha panadeira ten nos fornos públicos e as cales pode gobernar como lle conveña.Tomamos bica da BoaMigalla, gaseosa Fernández e presentámonos para facerlle unha trastada ao novo restaurante que se inaugurou este sábado, A Casa das Caretas. Demos vida á masa e desfrutamos de contos no Forno da Eira sobre persoeiros lembrados por xeracións como o Ulla.

 

Pasamos o Encontro da Palabra do sábado dando a benvida ao verán, escoitando con emoción a algúns veciños: Juan e Juan. Quen imaxinaron a vila dentro de dez anos…

 

E despedímonos da vella e bela vila de Cea, ata a próxima.

 

Grazas a tódalas veciñas que colaborastes, abríndonos o corazón e fogares cara a vosa historia. Ás veciñas Gisela e Miguel, por facilitarnos un campamento base de aventura escénica, coñecernos e o compartido. Pola vosa colaboración Evaristo, Manuel, Conchi, Sueiro, Xico, Pichel, José, Lolo, José Antonio, Benedicta, Fina, Nieves, Susa, Auxi, Carmen, Fausto, Diana, Zosi, Alba, Aldara, Daniel…

 

Estes encontros non poderían darse sen a participación da veciñanza, do público, das que nos estades seguindo e formando parte de Cóntame un mundo.