Xa estamos por aquí con moita ghana de contar e contarvos todo o que vai suceder nos próximos meses en moitos concellos de Galicia!!

As mulleres da foto somos Alba Grande Alba de Vales, Carmen Domech Martinez, Olga Abad e Raquel Queizás, catro narradoras orais galegas cun proxecto moi fermoso financiado pola Unión Europea-Next Generation.

Chámase Cóntame un Mundo e vai percorrer 8 concellos en 3 meses con máis de 40 actividades relacionadas coa arte da narración e a memoria oral.

Pero as protagonistas do proxecto sodes vós!! Queredes saber cómo?