OBRADOIRO FAMILIAR OU OBRADOIRO DE FORMACIÓN PARA FORMADORAS

 

Os acontecementos deste evento estarán ABERTOS AO PÚBLICO. Por este motivo, terase en conta na coordinación cos Concellos que a difusión destes eventos teñan un alcance público na localidade e na contorna, e que o público poida inscribirse de ser preciso.

Cada Concello escolle entre un destes OBRADOIROS:

·OBRADOIRO FAMILIAR · CONTAMOS O NOSO MUNDO·

Neste obradoiro representaremos en pequenas obras ou estancias, algunhas das historias recollidas da localidade. Vai dirixido a uns 15 participantes divididos en pequenos grupos, de tódalas idades.

A realización será a través de técnicas como: as sombras chinesas, teatro de papel, títeres ou xogos de dramatización. Coordinarase previamente ca administración pública e as entidades que participen, o lugar axeitado, data e necesidades para o transcurso deste Obradoiro. A súa duración será de entre 2 e 3 horas.

·OBRADOIRO PARA FORMADORAS E EMPREGADAS LOCAIS·

Neste obradoiro o foco está na transmisión oral, a oralidade e os recursos que ofrece a tradición, para servir ás persoas que empregan distintos xeitos de se comunicar cada día, con distintos públicos, ou un público numeroso.

A calidade de escoitar e contar as nosas propias historias é dun carácter xenuíno, que nos facilita unha tarefa necesaria nas nosas vidas, a de comunicar falando e sen falar, sabéndonos mesmo moitas veces vulnerables. E sendo conscientes así, do preciso que é crear un espazo de intimidade, e de seguranza, para encontrarse ca propia narradora, que narra a súa historia e a do mundo que ve.

Este obradoiro desenvolveríase nunha fin de semana. Dependendo a súa duración, de entre 6h. a 12 horas, da cantidade de persoas inscritas e de ter valorado as súas necesidades. Xa que o grupo pode tentearse con antelación suficiente. Para o cal sería preciso, saber quen será a persoa de referencia e contacto, para coordinar o obradoiro. Coordinarase previamente ca administración pública ou as entidades participantes, o lugar, data e necesidades para o transcurso deste obradoiro.

Esta actividade ten lugar dentro do proxecto Territorio Cultura financiado con cargo aos fondos da Unión Europea e o Plan De Recuperación e Resiliencia NextGenerationEU.
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).