O ROTEIRO DA MEMORIA ORAL

 

Os ROTEIROS DA MEMORIA, trátase dun evento que transcorre despois de ternos atopado con veciñanza local, usuarios das Casas do Maior e das Escolas ou Grupos de Crianzas inscritas nas actividades de verán, que organizan as entidades locais.

Con elas, obteremos en detalle máis información sobre a Historia, e as historias sobre sitios puntuais da súa localidade. Localizados de tal xeito que, sexa posible elaborar, un plan de traxecto factible para o público usuario. E ademais, tendo ben en conta, e utilizando os recursos e participación, que cada Concello nos ofrece e as participantes de cada actividade.

O contido desta actividade estará comprendido por: puntos de referencia do patrimonio cultural material en cada Concello, e por propias historias, que se sitúan en puntos da localidade, e das cales serán escollidas as que se axeiten ao traxecto posible en cada Concello. A duración de mínimo 1hora.

En vista dos tempos nos que transcorre a resolución desta convocatoria. Decidimos traballar dende este momento, sobre a escolla dos puntos emblemáticos polo seu patrimonio material, con algunhas técnicas ou representantes de cada administración local, ou da veciñanza, co gallo de sumar ás intencións que nalgunhas localidades xa están en marcha, ou desenvoltas previamente.

Unha vez desenvolto o plan do roteiro, asignaremos un Código QR a cada punto e desenvolveremos un plan de colocación dos códigos no espazo público, onde tamén se poderá escoitar o relato, en formato de audio.

O contido do roteiro será recollido por escrito e traspasado, en forma de pequena guía, á administración local, para que poidan estar a disposición do público, local ou visitante. Polo que as administracións públicas principalmente, tamén se comprometerán de poñelas a disposición do público local, e turístico se se quixer.

Haberá un mínimo de catro paradas. En cada unha delas, contaremos ou dramatizaremos, o escollido en relación co sitio localizado. E teremos en conta prioritariamente, a disposición máis axeitada e respectuosa co medio.

Esta actividade ten lugar dentro do proxecto Territorio Cultura financiado con cargo aos fondos da Unión Europea e o Plan De Recuperación e Resiliencia NextGenerationEU.
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).